AD

Actualidad

Área Central acolle este sábado o certame Royal Silver Senior

today21 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Área Central xa está a ultimar os detalles do certame Royal Silver Senior que se celebrará este sábado neste centro comercial de Compostela. Este concurso cumprirá o soño de desfilar por un día a homes e mulleres de entre 40 e 65 anos.

Certame Royal Silver Senior, unha cita anual en Área Central

En Área Central podes comprar nas súas tendas outlet, gozar dun rico café, encher a neveira, realizar todos os recados…, e tamén gozar e formar parte das súas actividades.

Este sábado día 25 de maio celébrase a gala do Certame Royal Silver Senior a nivel Galicia en Área Central. Será a partir das 19:00 horas cando comezará este evento dirixido a homes e a mulleres interesados na moda e a imaxe de entre 40 e 65 anos.

Tras un prazo de inscrición e xa ser seleccionados os 36 participantes, 28 mulleres e 8 homes procedentes de distintas partes de Galicia, desfilarán en Área Central con elegancia e estilo para, a continuación, ser valorados polo xurado composto por persoas vinculadas á imaxe e á publicidade.

certame Royal Silver Senior distínguese de todos os demais na súa forma e no seu fondo xa que busca homes e mulleres coa elegancia, o saber estar e a experiencia que dan os anos, calidades que cada vez se demandan máis á hora de facer campañas publicitarias e desfiles.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%