AD

Actualidad

Arranca o ciclo de cine ao aire libre na Alameda de Santiago

today24 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Este luns, a Alameda de Santiago acollerá o inicio do ciclo de cine ao aire libre, que se estenderá ata o xoves, 27 de xuño, con catro películas programadas. Esta iniciativa está organizada pola Consellería de Mocidade da capital galega.

A primeira película que se proxectará será ‘As Bestas’, este luns ás 22.30 horas. Dirixida por Rodrigo Sorogoyen e protagonizada por Luis Zahera, a cinta recibiu o Premio Goya á mellor película en 2023 e recentemente gañou o César 2023 á Mellor Película Estranxeira.

A programación continuará mañá, 25 de xuño, coa proxección de ‘Call Me by Your Name’, protagonizada por Timothée Chalamet e Armie Hammer. A película de Luca Guadagnino, baseada na aclamada novela de André Aciman, narra a historia de amor entre un mozo de 17 anos e un amigo do seu pai.

O mércores, 26 de xuño, será a quenda de ‘Madres Paralelas’, de Pedro Almodóvar. Esta película conta a historia de dúas mulleres solteiras que quedan embarazadas accidentalmente, e está protagonizada por Penélope Cruz e Milena Smit.

O ciclo de cine ao aire libre pechará o xoves, 27 de xuño, ás 22.30 horas, coa popular comedia ‘Cuñados’, protagonizada por Xosé Touriñán e Miguel de Lira.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%