Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 julio, 2025
Ames prepárase para acoller unha nova edición do circuíto Xacobeo Pádel Tour, que se consolida como un dos eventos máis destacados no mundo do pádel galego. A primeira proba deste emocionante circuíto terá lugar nas instalacións do Squash Santiago, no Milladoiro, do 3 ao 13 de xullo
O circuíto está composto de cinco probas, das cales tres se disputan en Ames. A primeira no Squash Club Santiago no Milladoiro; a segunda nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago, en Piñeiro; e a quinta nas instalacións de Ames Pádel Center, en Firmistáns
Ames, 2 de xullo de 2025.- Ames prepárase para acoller unha nova edición do circuíto Xacobeo Pádel Tour, que se consolida como un dos eventos máis destacados no mundo do pádel galego. A primeira proba deste emocionante circuíto terá lugar nas instalacións do Squash Santiago, no Milladoiro, do 3 ao 13 de xullo. O circuíto está composto de cinco probas, das cales tres se disputan en Ames. A primeira no Squash Club Santiago no Milladoiro; a segunda nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago, en Piñeiro; e a quinta nas instalacións de Ames Pádel Center, en Firmistáns.
O hotel Oca Porta do Camiño acolleu a semana pasada o acto de presentación da IV edición do circuíto Xacobeo Pádel Tour, un evento ao que acudiron os alcaldes de Ames e A Estrada, Blas García e Gonzalo Louzao, respectivamente; Valentín García, secretario xeral da Lingua, que acudiu en representación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; Ildefonso de la Campa, director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo; Carlos Agrelo, CEO de BMW Amiocar Novomóvil; Lalo Crespo, director do hotel Oca Porta do Camiño; e Gonzalo Sotelo, director do circuíto. A presentación estivo conducida polo locutor Álvaro Veiga, que, ademais, apadriña esta cuarta edición.
O circuíto Xacobeo Pádel Tour comeza do 3 ao 13 de xullo co Torneo Mercado La Galiciana, primeira proba do circuíto, que se vai a desenvolver nas instalacións de 2máis Squash Santiago. Para esta primeira proba hai máis de 100 parellas rexistradas en diversas categorías, o torneo atraerá tanto a xogadores experimentados como a aqueles que están a dar os seus primeiros pasos neste deporte. As competicións abarcan desde a 1ª unisex, onde participarán destacados xogadores galegos, ata a categoría de iniciación para os principiantes que desexen gozar da súa primeira experiencia coa pa.
O circuíto Xacobeo non só se caracteriza polo seu alto nivel competitivo, senón tamén polo seu ambiente festivo e acolledor que convida a todos a participar, xogar e divertirse. Durante o torneo, os participantes terán a oportunidade de competir por unha variedade de premios. Para dar o peche a este primeiro torneo do circuíto o sábado, 12 de xullo, haberá unha festa de fin de torneo, onde os asistentes poderán gozar de deliciosas degustacións e música, celebrando os logros de todos os xogadores.
Ames acolle tres das cinco probas do circuíto
A segunda proba será o Torneo Concello de Ames, do 16 ao 19 de xullo, no Real Aeroclub de Santiago, nas instalacións de Piñeiro; a terceira será o Torneo Centro Deportivo, que está reservada a xogadores profesionais e celebrarase o 26 de xullo na Pobra do Caramiñal; a cuarta será o Torneo Milongas, que se disputará na Estrada do 25 ao 30 de agosto; e o máster final, será novamente en Ames, neste caso nas instalación do Ames Pádel Center, en Firmistáns, do 8 ao 14 de setembro.
Cada xogador/a participante recibirá un pack de benvida con bolsa e camiseta de xogo, descontos promocionais, unha botella de Red Bull e un libro en galego achegado pola Consellería de Cultura. Os rexistrados con Carné Xove poderán beneficiarse dun 10 % de desconto nas inscricións.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)