AD

Actualidad

Arrincan as votacións dos Benfeito 2025: a cidadanía decide as mellores marcas galegas

today22 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • De carácter bianual, estes recoñecementos distinguen a excelencia, a innovación e o compromiso coas persoas consumidoras das empresas asentadas en Galicia
  • As votacións xa están abertas e a cidadanía decidirá as empresas gañadoras en tres categorías: Produtos Alimenticios, Servizos e Produtos Non Alimenticios
  • Premios impulsados pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL)

Santiago de Compostela , 22 de setembro de 2025.- A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) abre as votacións da segunda edición dos Premios Benfeito de Consumo, uns premios bianuais que recoñecen a excelencia, a innovación e o compromiso coas persoas consumidoras das empresas asentadas en Galicia.

A UCGAL convida á cidadanía a participar no proceso de votación a través dos seus canles oficiais para que os Premios Benfeito de Consumo reflictan, un ano máis, a opinión real dos galegos e galegas. Entre todas as persoas que emitan o seu voto e completen a enquisa sortearanse dúas cestas de produtos galegos valoradas en 100 € cada unha.

Nesta edición, as candidaturas preséntanse en tres categorías. En Produtos Alimenticios compiten Gadis, Coren, Leite Río, Pescanova e Viña Costeira; en Servizos, as finalistas son Xenera, Monbus, Caixa Rural, Be One e Alda Hotels; e en Produtos Non Alimenticios optan ao premio Pérez Rumbao, Bimba y Lola, Cocinas Santos, NUMAX e Sargadelos.

A lembranza da primeira edición, celebrada en 2023, sitúa o listón alto: Estrella Galicia acadou o recoñecemento en Produtos Alimenticios; Naviera Mar de Ons impúxose en Servizos; e Droguerías Arenal foi distinguida en Produtos Non Alimenticios.

Coa súa segunda edición, os Premios Benfeito de Consumo consolídanse como unha cita bianual de referencia en Galicia, chamada a fixar estándares de calidade e responsabilidade no mercado. Estes premios fortalecen unha plataforma estable de visibilización de boas prácticas, achegan evidencias que orientan a toma de decisións públicas e privadas e reforzan a confianza entre o tecido empresarial e a cidadanía. A súa continuidade reafirma o compromiso da UCGAL cun marco duradeiro de diálogo e corresponsabilidade entre empresas, entidades e as asociacións que representan ás persoas consumidoras.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *