Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 febrero, 2026
Arzúa, 19 febreiro de 2026. A última Xunta de Goberno Local do Concello de Arzúa aprobou varios acordos centrados na mellora de infraestruturas municipais e camiños, tanto no ámbito rural como no núcleo urbano. As actuacións atópanse en distintas fases administrativas, desde a adxudicación definitiva ata o inicio do procedemento de contratación, segundo o estado de cada expediente.
A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación da obra denominada “Camiño de Carballeira (Brandeso) a Ventorrillo (Viñós) e outro”, cun investimento de case 58.000 euros (IVE incluído).
A intervención inclúe dúas actuacións:
O tramo de 650 metros entre Carballeira (Brandeso) e Ventorrillo (Viñós).
O tramo de aproximadamente 1,2 quilómetros entre Carballeira e a Igrexa (Viñós).
As obras contemplan mellora do firme, reparación de baches, reforzo da base, ampliación puntual do ancho en determinados treitos, limpeza de gabias e drenaxes e colocación de sinalización vertical
A adxudicación implica que o procedemento de contratación xa rematou e que existe empresa seleccionada para executar os traballos. O seguinte paso será a formalización do contrato e o inicio das obras.
A Xunta de Goberno tratou a proposta de adxudicación da actuación de mellora da seguridade viaria na Rúa Rego da Raña, cun orzamento de proxecto de arredor de 84.000 euros.
A intervención contempla a execución dunha senda de 310 metros, iluminación mediante 18 balizas, sinalización horizontal e a instalación de catro bancos e catro papeleiras.
A proposta de adxudicación significa que as ofertas xa foron avaliadas e que existe unha empresa proposta para executar a obra, pendente da formalización definitiva do contrato
A Xunta de Goberno acordou aprobar e iniciar o expediente de contratación da obra “Recuperación das instalacións deportivas”, cun investimento de preto de 200.000 euros (IVE incluído), financiado nun 80 % pola Deputación e nun 20 % polo Concello.
As actuacións céntranse na piscina municipal e no gradarío do campo de fútbol, e inclúen melloras de impermeabilización e revestimentos, renovación de zonas deterioradas polo paso do tempo, acondicionamento da contorna da piscina e intervencións no gradarío para reducir filtracións e mellorar a protección fronte á choiva.
O inicio do expediente de contratación supón que o proxecto técnico e o orzamento están aprobados e que se publicará a licitación para que as empresas interesadas presenten oferta.
Tamén se aprobou iniciar a contratación da obra “Saneamento en Outeiro”, cun investimento de preto de 187.000 euros.
O proxecto prevé a execución de aproximadamente 1,3 quilómetros de tubaxe, co obxectivo de conectar o núcleo de Outeiro coa rede municipal existente.
Neste caso, a actuación atópase na fase inicial do procedemento de contratación.
As actuacións aprobadas responden á planificación municipal en materia de mantemento, mellora de infraestruturas e reforzo dos servizos básicos, tanto no rural como no ámbito urbano.
O Concello continuará informando da evolución dos distintos expedientes a través das súas canles oficiais.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)