Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 septiembre, 2024
Arzúa, 23 de setembro de 2024.- Con motivo do Día Internacional do Turismo, o Concello de Arzúa organiza un tren turístico que percorrerá os principais puntos de interese da vila e a contorna. Esta actividade está, especialmente, destinada ao alumnado dos centros educativos do municipio e aos usuarios da Residencia San José.
Para organizar esta actividade a concelleira de Turismo, Begoña Balado, reuniuse con: Cruz Leiva, directora do CEIP Arzúa, Ángeles Santa Marta, responsable do Colexio Nosa Señora do Rosario e Concepción Freire, directora da Residencia San José. Nesta xuntanza fíxose fincapé na necesidade de que cativos e maiores coñezan o patrimonio e cultura do seu entorno.
O xoves 26 pola tarde será a quenda para os usuarios e usuarias da Residencia San José que pasarán unha tarde de ledicia visiando puntos de interese como Castro Curbín.
O venres pola tarde,.a partir das 16:00 horas e cunha frecuencia dunha hora o tren turístico estará dispoñible para a veciñanza que desexe participar nesta iniciativa turística. Esta actividade é de balde e ten o punto de saída no Multiusos Terra do Queixo.
Para guiar esta viaxe turística, Arzúa conta con Xan Veiga, actor e arzúan do ano que ofrecerá interesantes anécdotas sobre a historia e o patrimonio do municipio.
A concelleira de Turismo de Arzúa, a socialista Begoña Balado, destacou que “celebrar o Día Internacional do Turismo con esta iniciativa é unha forma de poñer en valor o noso territorio e o que representa
Arzúa, promovendo o coñecemento do noso patrimonio tanto entre os veciños como entre os visitantes.
O tren turístico será unha forma divertida e educativa e redescubrir a nosa contorna, e contar coa presenza de Xan Veiga é un privilexio que fará deste percorrido algo especial”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)