AD

Actualidad

Arzúa realizará obras de acondicionamento na histórica Fonte da Quenlla

today21 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

A Concellería de Turismo de Arzúa anuncia que a Axencia Galega de Turismo vén de aprobar a subvención solicitada para o acondicionamento da Fonte da Quenlla en Arzúa.

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, expresa a súa ilusión por este proxecto, destacando que Arzúa foi dos primeiros concellos en solicitar esta axuda: “O inicio do prazo de solicitudes comezaba o 29 de febreiro ás 12:00 da mañá, e nós rexistramos a petición ese mesmo día ás 12:01. Tiñamos os deberes feitos.”

”A mellora desta fonte histórica, cargada de tradición e lendas, é de gran importancia para a veciñanza. Preténdese nesta ocasión mellorar o estado actual da fonte, recuperando tamén este punto de encontro ao que numerosos veciños de Arzúa se desprazan a recoller auga cada día, propiciando así as relacións sociais da comunidade.

O proxecto de acondicionamento incluirá a instalación de dous bancos integrados nos muros que conforman a fonte, os cales salvan o desnivel entre o viario actual e o predio superior. Ademais, contará con dous pousadoiros, unha lenda e unha papeleira lateral. Tamén se mellorará o solado actual, incorporando un solado de casqueiro de granito aserrado.

Este acondicionamento non só preservará o noso patrimonio cultural, senón que tamén proporcionará un espazo renovado para o encontro e disfrute dos nosos veciños.”

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%