AD

Actualidad

As asociacións veciñais de Santiago piden máis policía nos colexios para previr o consumo de drogas

today27 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

Reiterou a súa oposición á vinculación do valor catastral das vivendas na tarifa doméstica da nova taxa do lixo, e incidiu na necesidade de que a superficie das terrazas compute para os establecementos de hostalería

A reunión, na que participaron 12 asociacións, celebrouse onte na Casa das Asociacións de Cornes

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- A Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago celebrou onte mércores unha reunión na Casa das Asociacións de Cornes na que estiveron representadas 12 asociacións. No encontro tratáronse os seguintes asuntos:

• Consello de Relacións Veciñais:
Acordouse solicitar á alcaldesa a convocatoria da preceptiva reunión correspondente ao segundo semestre do ano 2025, así como os puntos a incluír na orde do día da reunión do Consello, entre os que se encontran a modificación das bases da convocatoria de subvencións para o desenrolo das actividades das Asociacións de Veciños.

• Modificación do Regulamento de Participación Veciñal:
Transcorridos máis de vinte anos desde que este regulamento entrou en vigor, faise necesario acometer a súa modificación para incrementar de xeito significativo a transparencia do Concello e a participación activa da veciñanza, elevando ao Consello de Relacións Veciñais unha proposta para ser debatida.

• Ampliación do perímetro urbano da cidade:
Ante as dificultades que no ámbito da seguridade se derivan do actual perímetro urbano nalgúns dos barrios da cidade, como Conxo, Vidán, Angrois, Bar de Abaixo, etc., acordouse solicitar ás diferentes asociacións información sobre os problemas que están enfrontando e, complementariamente, pedir ao Concello información sobre as prioridades actuais na negociación das transferencias dos viais de titularidade da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.

• Contratos dos Servizos do Concello:
Á vista dos retrasos e problemas que se están dando na contratación dos servizos, da Subministración de Auga, Transporte Público, etc., acordouse solicitar información sobre a situación dos mesmos.

• Aplicación do 2 % cultural:
Acordouse solicitar incluír na orde do fía do Consello que se facilite información sobre as solicitudes presentadas polo Concello, como titular de Bens de Interese Cultural, á última convocatoria de subvencións con cargo ao fondo do 2 % cultural do Ministerio de Transportes.

• Análise da proposta de nova Taxa do Lixo:
Reiterouse a oposición das Asociacións ao criterio de vinculación desta taxa co valor catastral das vivendas no caso da tarifa doméstica, porque nada ten que ver o valor catastral co lixo xerado, así como a necesidade de que na hostalaría se compute a superficie das terrazas, e a asimilación a categoría de restaurantes, a todos aqueles bares que dean comidas.

• Seguridade:
Acordouse solicitar igualmente que se informe sobre a marcha da redacción da Ordenanza de Convivencia, así como o reforzo da presencia policial nas inmediacións dos centros de ensino, para previr que o consumo de drogas se estenda entre os escolares e disuadir a presenza de pequenos traficantes na contorna dos colexios.

• Situación dos aparcadoiros da Praza de Galicia e da Praza de Vigo:
Logo de crearse o pasado 24 de febreiro a Comisión de Estudo do Aparcadoiro da Praza de Galicia, nada se ten avanzado na municipalización deste aparcadoiro que a día de hoxe segue sendo explotado pola compañía titular da concesión que expirou o pasado 3 de xullo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *