Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 julio, 2024
Máis de mil candeas iluminaron a o entorno da ponte sobre o Tambre que une a Ames e Negreira
“Son Elas” e “Lontreira puxeron a nota musical previa ao espectáculo pirotécnico
Os rexedores de Ames e Negreira, Blas García e Ángel Leis destacaron a importancia de colaborar entre concellos limítrofes e a necesidade de poñer en valor un ben cultural como é o entorno da Ponte Maceira.
Ames, 21 de xullo de 2024.- A edición 2024 das “Noites en Vela” na Ponte Maceira resultou ser todo un éxito pese a permanente ameaza de choiva existente. O coro “Son Elas” e “Lontreira” levantaron aos centros de persoas que acudiron ao evento sobre o río Tambre. De novo máis de 1000 candelas iluminaron o entorno da Ponte Maceira nunha das edicións máis exitosas que recorda a organización, cunha afluencia aproximada de 500 persoas.
Este trátase dun evento que une aos concellos de Ames e Negreira dende o ano 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021. Os alcaldes de Ames e Negreira tiveron palabras de agradecemento para todo o equipo técnico que fixo posible o correcto desenrolo dun acto que estivo permanente ameazado polas condicións meteorolóxicas. Por outra banda tamén puxeron en valor o entorno da Ponte Maceira e a colaboración entre ambos concellos para sacar adiante un acto que, pese a ser relativamente novo, a primeira edición data do 2016, ambos rexedores lle auguran un futuro moi prometedor.
Despois das espectaculares actuacións do coro “Son Elas” e “Lontreira” volveuse, como cada ano, a apagar o alumeado público para que as candeas iluminasen A Ponte Maceira xunto a un máxico espectáculo pirotécnico. Este programa, garantía de éxito, puxo de novo en valor unha paraxe paisaxística e monumental como é A Ponte Maceira, declarada ben de interese cultural (BIC) no ano 2022 e localización que forma parte dos pobos máis bonitos de España.
Coro Son Elas e Lontreira
Este ano os encargados de amenizar a noite foron o coro “Son Elas”, que deron paso a “Lontreira” e estes a un espectáculo pirotécnico que finalizará a velada.
A agrupación “Son Elas” é un coro nado en Ames, integrado na súa totalidade por mulleres unidas pola súa paixón pola música. O seu repertorio inclúe unha ampla variedade de estilos, con pezas clásicas e contemporáneas.
Pola súa parte, “Lontreira” é unha banda galega formada por Rotce (bases e teclado), Adri Coyote (voz) e Iván Barral (guitarra), que en 2022 gañou o concurso da CRTVG á canción do verán con Corazón de Toxo. Un ano despois, sacaron o seu primeiro disco: Apnea, que presentaron na Illa de Arousa. Este grupo defínense dicindo que non teñen xéneros musicais e que traen dende ritmos caribeños como a cumbia ata sons máis eléctricos. Nesta ocasión realizaron unha actuación espectacular que fixo vibrar a todo o público presente.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)