AD

Actualidad

«As pensións non están en risco agora, pero preocupa 2050», advirten os pensionistas de Compostela

today2 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

A Plataforma de Pensionistas de Compostela volveu concentrarse este luns na Praza do Obradoiro, mantendo unha cita que xa se prolonga durante máis de oito anos. Tras a pausa de agosto, os manifestantes déronse cita de novo baixo os soportais de Raxoi, ao abeiro da choiva, para reiterar as súas principais demandas: a equiparación da pensión mínima co Salario Mínimo Interprofesional e o avance cara á eliminación da fenda de xénero.

Manuela Fraguela, voceira da plataforma, subliñou que a sostibilidade do sistema de pensións non está en risco a curto prazo, segundo o informe da AIReF publicado en marzo, aínda que a perspectiva de 2050 esperta preocupación polo gran número de xubilacións previstas e o conseguinte incremento do gasto.

Os pensionistas inciden tamén na necesidade dunha auditoría das contas da Seguridade Social e reclaman blindar as prestacións en sectores como o da construción. Ademais, mostran a súa oposición a que os plans de pensións de emprego sexan financiados con fondos públicos e piden máis residencias e centros de día de xestión pública.

«A desigualdade de xénero nas pensións non se resolverá só con reformas no sistema, senón cun cambio no mercado laboral, que é o que determina as cotizacións das mulleres», advertiu Fraguela. A plataforma lembra que, malia algúns avances logrados, segue pendente unha verdadeira representación social e política das persoas maiores.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *