AD

Deportes

As rapazas do Pino gañan a Copa Galega de fútbol gaélico

today30 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

O equipo feminino Sub-15 do O Pino Supernova vén de acadar un importante éxito ao proclamarse campioa da III Copa Galega de fútbol gaélico, nunha xornada deportiva celebrada na localidade de Boqueixón.

O torneo, que tivo lugar a pasada fin de semana, bateu récord de participación ao reunir preto de 120 nenas e nenos procedentes de distintos puntos de Galicia, consolidándose como unha das citas máis destacadas do fútbol gaélico base na comunidade.

As xogadoras do O Pino Supernova destacaron polo seu talento, compromiso e espírito de equipo ao longo de toda a competición. Na final, lograron impoñerse ao conxunto Resio de Vigo, demostrando un alto nivel de xogo que lles permitiu alzarse co título.

Este triunfo supón non só un recoñecemento ao traballo realizado, senón tamén unha oportunidade única de proxección internacional. Grazas a esta vitoria, o equipo representará a Galicia no European Feile, que se celebrará a finais de maio en Maastricht. Trátase dun torneo que reúne clubs de fútbol gaélico de toda Europa, especialmente aqueles establecidos fóra de Irlanda.

Dende o Concello do Pino trasladaron os seus parabéns ás xogadoras e ao corpo técnico, destacando que este logro é “un orgullo para todo o municipio” e un exemplo do potencial do deporte base.

O Pino Supernova continúa así consolidándose como unha referencia no fútbol gaélico galego, levando o nome do concello máis alá das fronteiras autonómicas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *