AD

Destacado

As redes de Radio Líder Santiago alcanzan 5,4 millóns de visualizacións en febreiro

today2 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

Radio Líder Santiago continúa a consolidar a súa presenza nas redes sociais cun novo impulso nos seus datos dixitais. Os contidos publicados en Facebook e Instagram acadaron preto de 5,4 millóns de visualizacións nos últimos 28 días, confirmando a tendencia ascendente da emisora baixo a dirección do grupo Dezasete Media, cando se cumpren algo máis de dous anos desta nova etapa de xestión.

Facebook medra un 35,4 % e supera os 3,7 millóns de visualizacións

No caso de Facebook, a emisora rexistrou 3,7 millóns de visualizacións, o que supón un incremento do 35,4 % respecto ao período anterior. As interaccións co contido tamén medraron de forma destacada, ata as 30.300, cun aumento do 33,4 %.

A comunidade continúa ampliándose, con 1.300 novos seguidores (+8,8 %), mentres que os clics no enlace acadaron os 10.700.

Se se comparan estes datos cos publicados no pasado mes de xaneiro —cando Facebook superaba os 2,4 millóns de visualizacións (+9,7 %) e as interaccións medraban un 27,3 % ata as 22.300—, obsérvase unha clara aceleración do crecemento tanto en alcance como en participación.

Instagram mantén a tendencia positiva e dispara as interaccións

En Instagram, os contidos de Radio Líder Santiago acadaron 1,7 millóns de visualizacións, cun incremento do 10,8 %. O dato máis salientable está nas interaccións co contido, que se elevaron ata as 68.100, cun espectacular aumento do 51,2 %.

A conta sumou 805 novos seguidores (+10 %) e rexistrou 784 clics no enlace (+7,1 %).

En comparación co mes de xaneiro, cando Instagram superaba os 1,3 millóns de visualizacións (+39,1 %) e as interaccións se disparaban máis dun 200 % ata as 43.800, a rede social consolida agora un volume máis elevado e sostido de participación, cun crecemento porcentual máis moderado pero sobre unha base moito maior.

Estratexia dixital consolidada

Estes resultados reflicten a consolidación da estratexia dixital desenvolvida por Radio Líder Santiago nesta nova etapa, cunha aposta decidida por contidos informativos, entrevistas, vídeos de actualidade e pezas de impacto social que conectan cunha audiencia cada vez máis ampla e participativa.

A evolución dos datos confirma non só un aumento do alcance, senón tamén unha maior implicación da comunidade nas distintas plataformas, reforzando o posicionamento da emisora como referente informativo tamén no ámbito dixital.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *