AD

Actualidad

Así pretende o Concello de Santiago eliminar os ‘puntos negros’ de abandono de residuos

today9 abril, 2025

Fondo
share close
AD

Esta campaña, que inicialmente durará tres meses e impúlsase con cargo ao canon de concienciación de Urbaser –concesarionaria do recollida do lixo–, supón a activación dun Servizo de Información e Control para desenvolver un labor de concienciación entre a veciñanza, comerciantes e hostalaría. Estas persoas informadoras tamén poderán apercibir os productores de lixo no caso dunha mala xestión dos residuos. Os controladores tamén realizarán informes mensuais e, no caso de puntos negros con reincidencia, despois de tres avisos, remitirán os informes á Policía.

As accións poderán realizarse en todo o termo municipal, pero estarán centradas na cidade histórica e no Ensanche, posto que é neste ámbito onde hai maior acumulación de produción de lixo e maior existencia de puntos negros de incumprimento reiterado segundo o servizo de recollida e limpeza viaria. O Servizo de Información e Control que nun principio informará aos potenciais infractores e despois do terceiro aviso, informará á Policía Local, que poderá proceder a abrir un procedemento sancionador.

“Sabemos que a maioría da xente cumpre coas normas e horarios de cada unha das fraccións, pero en aras do ben común, desenvolvemos esta campaña, que ten como fin mellorar a xestión dos residuos, optimizar a separación para conseguir unha Compostela sostible”, defendeu Xesús Domínguez.

A campaña  de concienciación empezará a partir do 22 de abril. As entidades que mantiveron o encontro este mércores acolleron positivamente esta campaña e acordaron co Concello manter unha reunión de seguimento un mes máis tarde da posta en marcha.

Na reunión, tamén se informou que calquera aviso relacionado coa recollida e xestión do lixo pode comunicarse a través do formulario web de Santiagosostible.gal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *