AD

Actualidad

Así serán os fogos do Apóstolo deste ano en Compostela

today26 junio, 2024

Fondo
share close
AD

26/06/2024 A Xunta de Goberno local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, deu luz verde á adxudicación do contrato do «Servizo de deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das festas do Apóstolo 2024 do Concello de Santiago», á empresa Pirotecnia Igual, por un importe total, IVE engadido, de 216.590 euros, sendo a oferta máis vantaxosa de todas as presentadas.

As datas de execución serán o 24 e o 31 de xullo, ás 23:30 h. O da noite anterior ao Apóstolo efectuarase desde 3 localizacións da cidade: a Alameda, a Escalinata de Fontiñas (Parque Carlomagno) e a Cidade da Cultura de Galicia e durará arredor de 18 minutos. O espectáculo pirotécnico do 31 de xullo será desde a Alameda e terá unha duración mínima de 16 minutos.

O deseño da proposta técnico-artística, producción, realización e execución dos espectáculos pirotécnicos corre a cargo da empresa adxudicataria. Igual que a subministración do material pirotécnico necesario, avalado e catalogado pola Unión Europea ou con marcado CE, e fabricado con materiais biodegradables e sen a presenza de percloratos.

Tamén corren a cargo da empresa os traballos de transporte, montaxe e retirada do material necesario, a provisión do material e da maquinaria necesaria para a montaxe e instalación dos fogos, a vixiancia e seguridade de todo o proceso, e a limpeza de todos os restos producidos polo disparo dos artefactos pirotécnicos, entre outros servizos.

Pirotecnia Igual é unha empresa de Barcelona, fundada en 1880, que ao longo da súa traxectoria encargouse dos fogos artificiais e os efectos especiais nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92, FIFA Mundial Brasil 2014, Xogos Odesur Santiago 2014, Fin de ano 2015 Copacabana, ano novo en Valparaíso 2015, ou os primeiros xogos europeos en 2015 de Bakú.

Este espectáculo constitúe unha tradición arraigada na historial local compostelá. As citas documentais máis antigas sitúan a súa orixe no século XVI, cando se iluminaba a praza do Obradoiro con candeas de cores para resaltar o inicio do día do Apóstolo. Xa nos séculos XVII e XVIII aparecen as primeiras referencias ao lume como tal, coa queima dun castelo e o lanzamento de foguetes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%