AD

Deportes

Así soa o himno que Ruxe Ruxe compuxo para o Obradoiro: «A Sar eu vou»

today22 abril, 2025

Fondo
share close
AD

O Obradoiro CAB está a piques de ter un himno propio que xurdirá da voz e da música dos seus seareiros. Pero antes, a banda santiaguesa Ruxe Ruxe, un dos grupos máis emblemáticos do rock galego, adiantou como podería ser ese futuro canto colectivo coa proposta «A Sar eu vou», unha peza chea de sentimento obradoirista.

A letra captura a esencia do que significa ser do Obradoiro cun texto que fala de identidade, unión e resistencia, reflectindo ese espírito de «sempre erguidos ata na derrota» que caracteriza á afección picheleira.

Aínda que Ruxe Ruxe xa deu o primeiro paso, o club mantén aberta a convocatoria para que os seareiros presenten as súas propias creacións.

Se che apaixoa a música e queres formar parte desta historia, podes enviar a túa proposta en formato MP4 (xunto coa letra nun documento Word ou PDF) antes do 30 de abril a comunicacion@obradoirocab.com. As cancións non deberán superar os 4:30 minutos na versión longa e os 1:30 minutos na versión curta.

O himno elixido presentarase no último partido da tempada no Fontes do Sar, fronte ao Inveready Gipuzkoa.

Mentres tanto, «A Sar eu vou» xa soa como unha promesa do que está por vir: un canto que unirá á bancada e lle dará voz a unha paixón compartida.

Escoita a canción, no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *