Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 noviembre, 2023
Ames, 13 de novembro de 2023.- A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas de Ames no exercicio 2022. O importe das subvencións ascende a 78.809,34 euros. Un total de 20 entidades beneficiaranse da axuda, que busca achegar a práctica deportiva ao maior número de veciños/as posible, así como promover unha vida deportiva estable dentro do concello.
O Concello de Ames aprobou o reparto de 78.809,34 euros entre as asociacións e clubs deportivos do municipio. A estas subvencións puideron optar todas as entidades do concello de Ames que realizaran actividades de índole deportiva. En total, foron 20 entidades as que cumpriron coas condicións e que obtiveron a axuda, que tamén se puido destinar a sufragar a adquisición de material inventariable.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “os principais obxectivos destas axudas son achegar a práctica deportiva ao maior número posible de individuos, empregando para isto aos colectivos existentes no concello, como mellor instrumento para acadar este fin. Tamén se pretende crear unha vida deportiva estable dentro do municipio, programada e desenvolta polas entidades do ámbito privado, e na que a administración municipal represente un papel secundario, tanto na elección do tipo de actividades a desenvolver, como na súa posta en práctica e no seu financiamento”.
Ademais, búscase a participación activa dos/as veciños/as na actividade deportiva, que ten un claro interese público, como medio de promover a formación dos máis novos/as e de propiciar a convivencia entre os veciños e veciñas; así como poñer a disposición do Concello información completa eactualizada das asociacións sen ánimo de lucro do municipio, co fin de promover unha relación fluída cas mesmas e posibilitar o deseño de políticas eficaces que permitan dinamizar a actividade dos particulares que resulte complementaria das competencias municipais.
Asociacións e clubs beneficiados
As entidades que se beneficiaron da concesión destas axudas foron Ames Atletismo, con 6.055,03 euros; CB Ames, con 948,36 euros; Biduído SR, con 1.670,35 euros; Sociedade de caza e pesca Azor, con 2.087,94 euros; Escola Ames Xadrez, con 1.024,81 euros; e AD Val da Mahía, con 2.380,25 euros.
Tamén recibiron a subvención o CV Bruxas, con 4.509,95 euros; a Escola de Fútbol Sala Trasgos, con 3.758,29 euros; o Club Atletismo Sar, con 4.092,36 euros; o Fútbol Club Meigas, con 4.927,54 euros; o Club de Patinaxe Sarela, con 5.595,68 euros; o Club de Patinaxe Artística Omega, con 5.679,20 euros; e o A.D. Basquet Ames, con 6.514,37 euros.
Por último, concedeuse subvencións ao Club Deportivo Rutas a Pie (1.586,83 euros); O4S Rutas-Bike (876,93 euros); Club Atletismo Millarraio (7.307,79 euros); Club de piragüismo Ribeiras do Tambre (6.764,92 euros); Motoclub Ameixenda (2.129,70 euros); Club Deportivo Millarengo Cultura (4.342,91 euros) e ao Club TK Denodo (6.556,13 euros).
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)