Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O corpo sen vida do mozo desaparecido en Silleda desde o pasado domingo foi localizado no río Deza, na zona de Ponte Taboada. A aparición produciuse tras un amplo operativo de busca coordinado pola Guardia Civil, que contou coa colaboración de diversas entidades.
No dispositivo participaron o Grupo Especial de Localización e Rescate (ONG IAE), o GES de Lalín, Protección Civil de Vila de Cruces, a Unidade Operativa de Drons da Axega, así como persoal de Adif. Ademais, os profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, foron alertados para ofrecer apoio psicolóxico aos achegados.
As tarefas de recuperación do corpo están sendo levadas a cabo polo Grupo Especial de Localización e Rescate da IAE. As autoridades continúan coas investigacións pertinentes para esclarecer as circunstancias deste tráxico suceso.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)