Colisión múltiple na A-54 en Lavacolla deixa unha persoa ferida
Un accidente de tráfico rexistrado este mediodía na autovía Lugo-Santiago (A-54), ao seu paso pola parroquia de Lavacolla, en Santiago de Compostela, saldouse polo menos cunha persoa ferida. O sinistro produciuse arredor das 13.00 horas no punto quilométrico 88, en sentido Lugo, e nel víronse implicados varios vehículos. Segundo informaron fontes do 112, polo momento non está confirmado o número total de persoas afectadas. Non obstante, un dos alertadores, que indicou ser un dos condutores implicados, asegurou que o seu […]