Rianxo destina máis de 300.000 € en melloras de abastecemento, saneamento e vías en Leiro e Taragoña
O Concello de Rianxo vén de adxudicar dúas importantes actuacións en materia de abastecemento, saneamento e mellora viaria, que permitirán avanzar na modernización das infraestruturas municipais en distintas parroquias. Por unha banda, quedou aprobada a obra para a ampliación das redes de abastecemento de auga e saneamento nos núcleos de Or e Meiquiz, na parroquia de Leiro. Esta intervención solucionará a evacuación de augas fecais en todas as edificacións do lugar e permitirá conectalas á rede municipal de abastecemento. Ademais, […]