Factoría Moza: 4.500 metros para ocio, música, danza e coworking en Salgueiriños
Despois de case dúas décadas de abandono, a estrutura de Salgueiriños inicialmente pensada para albergar o parque comarcal de bombeiros transformarase nun equipamento deseñado para atender as necesidades e as demandas da mocidade de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe o anteproxecto da denominada “Factoría Moza”, “un edificio que concibimos como unha ferramenta para facer de Compostela a capital da xuventude e situarnos na vangarda das políticas públicas dirixidas aos […]