Recta final do Festival de Arte Urbana Viladomar en Rianxo
Un ano máis, estase celebrando o Festival de Arte Urbana de Rianxo Viladomar – máis alá dos muros, organizado pola asociación local Ondiñas Mainas co apoio e financiamento do Concello e a Deputación da Coruña. Do 4 ao 14 de xullo, artistas chegados de diferentes partes do mundo transformarán as paredes dalgúns edificios do municipio rianxeiro en lenzos para as súas creacións. Viladomar é un laboratorio de arte pública polo que xa pasaron artistas de renome na creación e transformación […]