Constitúese o Consello de Administración da Empresa Pública da Auga de Ames
Este pasado luns, 12 de febreiro, o Concello de Ames constituíu o Consello de Administración da Empresa Pública da Auga de Ames. Deste xeito, dáse un novo paso para a posta en marcha deste novo servizo municipal que está previsto para comezos do mes de abril Previamente, no pleno ordinario do pasado mes de maio de 2023 aprobouse a constitución da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL, que xestionará de xeito directo o servizo do ciclo integral da auga. […]