Estabilizado o cadro de gastroenterite que afectou a 65 persoas no CEP de Ventín de Ames
Estabilizado o cadro de gastroenterite detectado no CEP de Ventín e que afectou tanto a rapazada como a monitorado. Nos próximos días coñecerase a orixe, vírica ou alimentaria, desta afección mediante as mostras recollidas nos comedores escolares amesáns e os coprocultivos dos pacientes que precisaron acudir a un centro sanitario. Sanidade rexistrou 65 casos durante o día de antonte, sen ningún cadro de gravidade. A totalidade das persoas atendidas foron dadas de alta. Dende o Concello de Ames e dende […]