Do amago ao desmentido: os non adscritos propoñen a Rosón e 24 horas despois negan calquera moción
O panorama político compostelán viviu nas últimas horas un intenso vaivén a raíz das declaracións de Gonzalo Muíños, concelleiro non adscrito do Concello de Santiago, quen primeiro apuntou á posibilidade dunha moción de censura coa exedil socialista Mercedes Rosón como candidata, para logo descartala rotundamente. O mércores, Muíños aseguraba en nome do grupo de catro concelleiros non adscritos —expulsados do PSOE— que “a única candidata alternativa posible” ao actual executivo de Goretti Sanmartín (BNG) sería precisamente Rosón, á que cualificou […]