O Concello abre ao tráfico o Campiño da Ferradura mentres dure o corte da Avda. da Coruña
Esta mañá quedou aberto ao tráfico o Campiño da Ferradura de maneira provisional, mentres se manteña o corte da Avenida da Coruña por mor das obras de reurbanización do Campus Sur. O obxectivo é facilitar unha saída a maiores para os vehículos que circulan pola avenida das Burgas. Coa apertura do Campiño da Ferradura os vehículos que circulan pola Avenida das Burgas poderán sair pola rúa do Campo do Cruceiro do Gaio, opción preferible se se dirixen […]