Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un incendio declarouse na noite deste venres no restaurante La Pepita Burger Bar, situado en plena Praza de Galicia de Santiago de Compostela, obrigando a evacuar o local e provocando unha intensa fumareda visible tamén dende a rúa do Hórreo, onde o establecemento conta con outra saída. Ata a zona desprazáronse de inmediato efectivos dos Bombeiros e da Policía Local, que acordonaron o perímetro e cortaron o tráfico nun dos puntos máis céntricos da cidade.
O lume, que se declarou pouco despois das 22:00 horas, provocou momentos de tensión entre as persoas que a esa hora paseaban pola zona. Afortunadamente non se rexistraron feridos, e as causas do incendio están sendo investigadas.
Minutos despois, outro incendio nun vagón de tren na estación de Santiago mobilizou aos Bombeiros de Brión, que acudiron con rapidez para sufocar o lume. Non houbo feridos e, polo de agora, descoñécense as causas deste segundo suceso, que tamén xerou preocupación entre viaxeiros e persoal ferroviario, aínda que a circulación dos trens apenas se viu afectada.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)