Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 noviembre, 2025
A concelleira de Turismo de Arzúa e presidenta da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés, Begoña Balado, foi unha das grandes protagonistas da delegación galega que este mércores convidou oficialmente ao papa León XIV a realizar unha peregrinación polo Camiño de Santiago no marco do próximo Ano Santo 2027.
Balado encabezou o grupo de rexedores e representantes da Asociación Calle Mayor de Europa que participaron na audiencia xeral da Praza de San Pedro, onde fixeron entrega ao pontífice dun bordón xacobeo e dunha vieira de Sargadelos. O convite forma parte do programa cultural e espiritual “Almas do Camiño”, impulsado pola propia Mancomunidade.
En declaracións a EFE, a responsable arzuá destacou a boa acollida de León XIV ao recibir a proposta: “O papa mostrou un interese sincero polo Camiño Francés e sorprendeunos gratamente cando dixo que ‘quizais’ poida acompañar aos peregrinos nalgún treito. Sería un feito histórico para Galicia”, afirmou Balado.
A misiva entregada ao Vaticano, asinada pola presidenta da Mancomunidade, anima ao pontífice a percorrer parte do Camiño Francés, a senda máis transitada da rede xacobea e que atravesa once concellos galegos antes de alcanzar Santiago.
Balado subliñou que unha eventual presenza do papa na ruta xacobea sería “un símbolo de esperanza e un chamamento global á convivencia e á paz”, ademais de supoñer un impulso internacional decisivo de cara ao Xacobeo 2027, cando o 25 de xullo volva coincidir en domingo e a Catedral de Santiago reabra a Porta Santa.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)