AD

Actualidad

Besteiro promete revitalizar a Sanidade «na UCI despois de 15 anos de desmantelamento do PP»

today4 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O candidato á Xunta compromete que as primeiras medidas do futuro Goberno socialista será implantar un plan de choque para “reanimar a Atención Primaria” e reducir os tempos de agarda

Besteiro lembrou que “antes, en Galicia, chamabas ao médico de cabeceira e tiñas cita ao día seguinte. Os recortes do PP de Feijóo déixanlle a Rueda, o presidente ausente, unha herdanza con esperas de ata 15 días, pola súa ineficacia e pésima xestión”.

Afirma que a sociedade galega no seu conxunto expresou o seu cansazo coa xestión de Rueda e lanza un berro de auxilio sobre a desatención sanitaria que vive Galicia

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2024.– O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reafirmou hoxe o seu compromiso con rescatar da UCI á sanidade pública galega que se atopa, afirmou, “en estado crítico” como consecuencia de quince anos de xestión do Partido Popular. “Unha xestión que destaca polo recorte, a precarización e a privatización e que levou, particularmente, á Atención Primaria a unha situación límite”, subliñou.

“En Galicia lembramos cando chamabas ao médico de cabeceira e ao día seguinte xa nos atendía. Hoxe, con Rueda, o presidente ausente, e coa herdanza de Feijóo, a cita pode demorarse ata ata 15 días” afirmou Besteiro que asegurou que “o compromiso dos socialista é claro. Primeiro, cita médica no centro de Atención Primaria en menos de 48 horas, apertura dos centros de saúde; especialistas en Saíde Mental, máis pediatras para nenos e nenas e condicións laborais dignas para os profesionais sanitarios. Quen mellor que os socialistas para xestionar a Sanidade Pública, que fomos quen a creamos, a Sanidade pública e universal. A nosa confianza na Sanidade Pública é total”, ratificou.

“O problema en Galicia non é manifestarse, é enfermar”

Sobre as declaracións de Rueda, acerca da manifestación, Besteiro ironizou que “o problema hoxe en Galicia non é manifestarse, é enfermar: ese é o verdadeiro problema Hoxe estamos aquí porque ese é un verdadeiro problema para moitísimos galegos e galegas”

Besteiro incidiu en que a fórmula para reanimar a sanidade en Galicia pasa por incrementar os orzamentos, recuperar os medios técnicos e humanos coa mellora das condicións dos profesionais e a reabrir os centros de saúde que pechou o PP. “Esta vai ser a unha das primeiras medidas do futuro Goberno socialista no marco dun plan urxente que dirixiremos, principalmente, a recuperar a calidade da Atención Primaria e ampliar as súas especialidades”, afirmou.

O candidato socialista participou hoxe en Santiago na manifestación convocada polo colectivo SOS Sanidade Pública xunto con outros candidatos socialistas ao Parlamento Galego, dirixentes, cargos políticos e militantes do PSdeG. Para Besteiro, a sociedade galega no seu conxunto expresa .con esta protesta “histórica” o seu “cansazo” coa incapacidade xestora e o afán privatizador de Rueda coa sanidade.

Besteiro insistiu en que “Galicia non pode resignarse a non ter suficientes ambulancias, a que 11.000 nenos non teñan pediatra, a que 200.000 persoas agarden por unha primeira cita hospitalaria ou a que haxa cidadáns de primeira ou de segunda para o sistema público de saúde en función do lugar no que vivan”. Porén, fixo fincapé en que a sanidade será a bandeira do Goberno socialista a partir do 18 de febreiro. Un Goberno “que traballará desde o minuto un para recuperar todos os recortes do PP e para instalar un novo modelo de atención pública sanitaria integral”.

Para o candidato á Xunta, é tamén fundamental acabar co nepotismo e a manipulación das listas de espera. “Teñen que ser reais, públicas e transparentes”. Amais destas medidas, o Partido Socialista tamén integrará a Saúde Mental como unha especialidade máis, reabrirá centros pechados por Rueda en zonas rurais, onde os usuarios son máis vulnerables porque non podemos consentir que a poboación teña o médico a máis de 30 minutos da súa casa”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%