AD

Actualidad

Borja Verea acusa ao goberno local de ocultar 29 contratacións ilegais de VTCs

today5 mayo, 2025

Fondo
share close
AD
  • O líder popular destacou que o goberno local “vai ser o primeiro goberno da historia de Santiago que terá que multarse a si mesmo por 29 expedientes de sanción, coa vergoña engadida de intentar ocultar todo isto con mentiras descaradas”
  • Verea salientou ademais que as multas acumuladas poderían ascender a cantidades que van desde os 60.000 ata os 180.000 euros e preguntou tamén se “vai pagar a alcaldesa esas cantidades?”

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, pediu hoxe explicacións ao goberno local tras coñecerse que mentiron sobre a contratación de VTCs ilegais por parte do Concello.

Para Verea resultan inaceptables as declaracións da alcaldesa negando que o Concello de Santiago contratase nada. “Hoxe sabemos que iso non é certo e, polo tanto, mentiron aos cidadáns e aos medios de comunicación”, afirmou.

O Partido Popular de Santiago tivo acceso a documentación oficial sobre o número de desprazamentos en VTCs durante o evento de Ciudades Patrimonio, do pasado mes de marzo, e tamén sobre grao de participación do Concello,  despois de que se fixese público que  o 14 de marzo, os inspectores de transporte identificaron a un vehículo VTC, que tiña un contrato de servizo dentro do propio Concello, un contrato ilegal, un servizo que constaba contratado polo propio Concello de Santiago.

Esta documentación é clara: foron 29 viaxes urbanas e non 1, todas xestionadas polo persoal do Concello, e non por Ciudades Patrimonio como sinalara aos medios a alcadesa descargando toda a responsabilidade no xerente do Grupo. Así, salientou o líder popular, “sabemos que foi o Concello quen se comunicou coa empresa de VTCs para organizar todos os traslados e sabemos que a VTC identificada era a punta do iceberg, xa que podemos estar falando de ata 29 traxectos ilegais feitos nesas datas”.

Verea destacou ademais que “a pesar de ter o peor servizo de autobuses de España e, como consecuencia disto, ter o servizo de taxis desbordados, o goberno local prohibía a todos os cidadáns a utilización de VTCS dentro de Santiago, incluso anunciaba que estaba sancionando a VTCs que facían estes servizos urbanos. E, ao mesmo tempo, agora sabemos que contrataba e organizaba 29 servizos de VTCs ilegais”. Neste senso preguntouse “por que non contrataron 29 servizos de taxis como temos que facer todos os cidadáns? Por que levan 2 meses ocultando toda esta información e mentindo á opinión pública?”.

O tamén deputado autonómico lamentou a actitude de impunidade e soberbia deste goberno mentindo descaradamente á cidadanía e a toda a opinión pública, “non podemos permitir que o goberno encargado de cumprir as normas sexa o primeiro que as incumpre, e ademais dun xeito tan groseiro”. “Así  dedícanse a freír a multas a todos os veciños, mentres eles son os primeiros en incumprir, e ademais negando, mentindo, e botándolle a culpa a terceiros inocentes”, insistiu.

Neste senso, amosou a súa inquedanza polas moitas preguntas que hai aínda por contestar, unha vez confirmadas e descubertas todas estas mentiras que se querían ocultar. “Alguén pensa asumir algún tipo de responsabilidade? Quen dá a orde de mentir á cidadanía? Que se quería ocultar con esta mentira mantida no tempo? Vanse tramitar e investigar os 29 expedientes de sanción como consecuencia dos posibles 29 traslados ilegais?”

Verea salientou ademais que as multas acumuladas poderían ascender a cantidades que van desde os 60.000 ata os 180.000 euros e preguntou tamén se “vai pagar a alcaldesa esas cantidades?”.

Así, fixo fincapé ademais en que este goberno “foi o primeiro goberno da historia que incumpriu un informe de Patrimonio e danou gravemente a Praza do Obradoiro; foi o primeiro goberno que levou o retraso do pago a provedores a cifras históricas; e vai ser o primeiro goberno da historia de Santiago que terá que multarse a si mesmo por 29 expedientes de sanción, coa vergoña engadida de intentar ocultar todo isto con mentiras descaradas impropias dun goberno que non nos merecemos os composteláns”.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *