AD

Actualidad

Borja Verea celebra a forza do cambio en Santiago tras as eleccións municipais: «Cada vez somos máis»

today19 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD
  •  O líder local do partido ten claro o seu obxectivo: “Xa gañamos as eleccións e agora queremos gobernar porque estamos convencidos de que imos facelo mellor”
  • Paula Prado: “Grazas ao PP de Santiago por ser a mellor oposición posible e por demostrar que somos nós, e non outros, os que somos maioría”
  • Diego Calvo: “Continuemos traballando para que Galicia siga sendo un exemplo de boa xestión e un ‘oasis de tranquilidade’ no medio do clima de tensión que se instaurou no resto do territorio español”

19 de decembro de 2024. O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia e canalizar a forza de cambio que comezou nas eleccións municipais.

Ante preto de medio millar de afiliados e simpatizantes, o líder dos populares composteláns márcase como obxectivo para o próximo ano “seguir traballando para ser aínda mellores e estar preparados cando chegue o momento de gobernar”.

“Nós temos claro o noso obxectivo. Xa gañamos as eleccións e agora queremos gobernar porque estamos convencidos de que imos facelo mellor”, engadiu explicando que, con paciencia, este obxectivo está cada vez máis preto.

Verea agradeceu a confianza “masiva” que os veciños de Santiago depositaron nel e no seu equipo: “Cada día somos máis e a forza de cambio que comezou nas eleccións municipais é xa imparable”.

PAULA PRADO: “NÓS, E NON OUTROS, SOMOS MAIORÍA”

Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quixo destacar a achega de Borja Verea e o seu equipo aos dous grandes éxitos do partido este ano. Referíndose así ao máis de 45% de apoio recibido por Alfonso Rueda na cidade de Santiago nas autonómicas e aos case 18.000 votos ao PP nas eleccións europeas.

Como resultado deste apoio, explicou, os intereses dos composteláns son defendidos nos lugares onde se toman as decisións e son tidos en conta á hora de levalas a cabo. Algo do que puxo como exemplo os Orzamentos aprobados esta mesma semana e nos que Santiago e o seu futuro están moi presentes.

“Grazas ao PP de Santiago por ser a mellor oposición posible e por demostrar que somos nós, e non outros, os que somos maioría”, concluíu recordando a vitoria electoral de Borja Verea nas eleccións municipais.

DIEGO CALVO FAI BALANCE DUN GRAN ANO PARA O PARTIDO

O presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo fixo balance dun ano no que en Galicia “revalidamos unha maioría absoluta que avala o gran traballo do Goberno galego” e en España “gañamos as eleccións e demostramos que somos a única alternativa seria para sacar a este país do caos no que o meteron os socialistas e os seus socios”.

De cara ao novo ano, o líder popular pediulle aos seus “seguir traballando para que Galicia siga sendo un exemplo de boa xestión e un ‘oasis de tranquilidade’ no medio do clima de tensión que se instaurou no resto do territorio español”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *