Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
· Esta situación “é froito da incapacidade dun goberno tripartito que deixou pasar o tempo sen tomar medidas efectivas e cuxas consecuencias estamos sufrindo todos os composteláns, afirmou o líder popular.
· Verea afirmou que “non podemos permitir que un patrimonio urbano e humano como Guadalupe se siga degradando pola falla de vontade política; é urxente actuar con decisión e compromiso”.
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, segue a súa folla de ruta de visitar todos os barrios e parroquias composteláns para atender as demandas veciñais que o goberno local ignora.
E é que os composteláns viven cada día as consecuencias dun goberno descoordinado e sen rumbo, con barrios enteiros esquecidos, como Vidán, ou Meixonfrío; ou beirarrúas rotas por toda a cidade, desde Alfredo Brañas ata Fontiñas, pasando pola Avenida de Barcelona. Verea destacou neste senso que o deterioro de Compostela arrastra un malestar veciñal xeralizado porque este estado de abandono supón un atentado contra a calidade de vida dos santiagueses e dana a imaxe da capital de Galicia. “Non se pode gobernar dándolle as costas á xente nin ignorando as súas necesidades máis básicas. Santiago precisa un cambio de rumbo urxente”, advertiu Verea.
Así, esta semana, acompañado dos concelleiros Olaya Otero e Adrián Villa, percorreu o barrio de Guadalupe xunto coa asociación de veciños, onde hai tempo que piden “que se lles faga caso en asuntos tan importantes e esenciais como a accesibilidade e a seguridade viaria”.
Para o popular “é evidente o desleixo do goberno nacionalista que mira cara a outro lado ante as deterioradas rúas, a falta de mantemento dos espazos públicos, a insuficiente limpeza ou a ausencia de inversións básicas que levan anos prometendo pero que nunca chegan”. Así insistiu en que esta situación “é froito da incapacidade dun goberno tripartito que deixou pasar o tempo sen tomar medidas efectivas e cuxas consecuencias estamos sufrindo todos os composteláns.
Borja Verea explicou que “parece incrible que, na capital de Galicia, teñamos que seguir demandando cousas como a construción de beirarrúas e a falta de zonas de aparcamento en zonas tan céntricas”. “Estamos ante outro exemplo máis da preocupante paralización por parte deste goberno e a falla total de escoita cara as necesidades reais dos santiagueses, e -continuou- non podemos permitir que un patrimonio urbano e humano como Guadalupe se siga degradando pola falla de vontade política; é urxente actuar con decisión e compromiso”.
“Tras unha década, -lamentou Verea- teñen sumido nun total abandono a barrios emblemáticos da cidade, onde non atenden nin as demandas máis necesarias, polo que nos preguntamos ata onde pode chegar o desleixo do actual goberno local?”, concluíu o tamén deputado autonómico.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)