Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 noviembre, 2025
• “Verea destacou que “BNG e CA teñen a Santiago nun ambiente completamente irrespirable, preguntámonos que máis ten que pasar?
• Estamos ante un “modus operandi” ao que nos teñen moi acostumados -remarcou-, limpar a súa incompetencia, manchando o prestixio dos funcionarios do Concello, coa pouca vergoña de sinalar e culpabilizar aos profesionais de Policía local e bombeiros”.
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, asegurou que “Goretti Sanmartín estalle facendo moito dano a Santiago” e que “BNG e CA teñen a Santiago nunha situación terceiromundista”. Destacou ademais que “agora mesmo en Santiago hai un ambiente completamente irrespirable e tóxico, preguntámonos que máis ten que pasar?, son culpables dunha neglixencia que non ten xustificación e que está poñendo en risco a vida dos santiagueses”.
Verea tamén indicou que “resulta moi revelador ver ao BNG e CA asinando decretazos en contra dos dereitos dos traballadores”, en alusión á orde dada polo goberno nacionalista pola que se suspenden os permisos e vacacións e días propios tanto aos membros da Policía local e se lles obriga a facer horas extra para servizos ordinarios. Lamentou ademais que “estamos ante un “modus operandi” ao que nos teñen moi acostumados, limpar a súa incompetencia, manchando o prestixio dos funcionarios do Concello, coa pouca vergoña de sinalar e culpabilizar aos profesionais de Policía local e bombeiros”.
“Fago outra pregunta, non son conscientes do seu estrepitoso fracaso?, xa sabemos que a alcaldesa e este goberno en minoría non vai dimitir, entre outras cousas, porque teñen un chiringuito montado de 25 asesores e altos cargos que hai que manter, pero hai unha realidade, isto xa non dá para máis”, subliñou.
O líder popular insistiu en que “hai moi poucas respostas para a situación na que está o Concello en todos os departamentos e en todas as cuestión”. E engadiu, “a pregunta que temos que facernos todos é se chegamos ata aquí por vagancia? por falta de coñecemento? por falta de preparación? Só hai esas tres opcións, porque a outra, a da mala sorte, xa está descartada, xa que non poden ter mala sorte en todos os departamentos.
TAXA DE REPOSICIÓN
Para Verea está claro que “BNG e CA non coñecen nin a regulación para poder contratar máis policías locais e bombeiros, ou para pagar as nóminas completas, senón é imposible que despois de tres anos esteamos nesta situación, só hai que ter ganas de traballar e de chegar a acordos”. Así apuntou que “só con dedicar uns minutos a ler a normativa xa verían, claramente, que a taxa de reposición é acumulativa e que hai propostas excepcionais, ninguén entende este debate, nin como son quen de repetir, semana tras semana, mes tras mes, que non se poden contratar máis policías e máis bombeiros, cando o están facendo outras cidades, pero están cómodos nese discurso e acabaron crendo a súa propia mentira”. “ A lei permite contratar máis policías pero eles non quixeron e agora estamos así”, concluíu.
En relación ao retraso dun ano do pago das horas extra, destacou que “tampouco se trata dunha cuestión de diñeiro, porque o pago das cantidades que se lles debe á policía e bombeiros é equivalente ao gasto dos 25 asesores e altos cargos que teñen contratados a dedo, e ademais contan cos orzamentos máis altos da historia desta cidade”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)