AD

Actualidad

Borja Verea: “Imos seguir traballando para demostrar que seremos un goberno útil e eficaz”

today3 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • A realidade é que, “a día de hoxe, despois de ano e medio, hai cero resultados, o único que si anunciaron, 20 veces no último ano, foi o acordo para o aparcamento do Clínico, que é un éxito do Partido Popular de Santiago”, asegurou.
  • Agregou que “nós imos a seguir traballando do mesmo xeito, para demostrarlle á xente que seremos un goberno útil e eficaz, porque somos xa unha oposición útil e eficaz, os resultados están aí, a nosa folla de servizo está chea de propostas en materia de vivenda, transporte, seguridade, cultura, maiores, xuventude, empresa, turismo, deporte…”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea,  asegurou hoxe, en rolda de prensa, que “imos seguir traballando para demostrar que seremos un goberno útil e eficaz”. “Traballaremos do mesmo xeito, porque somos xa unha oposición útil e eficaz, os resultados están aí, a nosa folla de servizo está chea de decenas de propostas en materia de vivenda, transporte, seguridade, cultura, maiores, xuventude, empresa, turismo, deporte… Sempre estamos un paso por diante deste goberno nacionalista, como eles mesmo recoñeceron no último Pleno, dicindo que facemos demasiadas propostas”.

“Esta, explicou, si é a nosa forma de traballar e o xeito no que imos a seguir facendo as cousas, sendo útiles para os veciños. O normal é que quen perde as eleccións estea na oposición e, quen as gañe, goberne e máis cando un gaña arrasando ao resto dos partido políticos, como fixemos aquí en Santiago”.

Neste momento e tras 15 meses de goberno do BNG o resultado é “francamente decepciónante e se algo teñen demostrado os concelleiros nacionalistas é que, despois de case ano e medio, a cidade está máis sucia, máis triste e máis acomplexada”.

“O abandono das rúa é total e todos nos facemos a mesma pregunta, remarcou o popular, como é que a cidade está máis sucia que nunca, cando pagamos máis que nunca polo servizo de recollida de lixo?”, para Verea só hai unha resposta: “ou ben os concelleiros do BNG non saben traballar, ou non teñen ganas de traballar”.

Outro dos asuntos que preocupan ao líder do Partido Popular de Santiago son os autobuses, que se atopan “nunha situación límite, nun estado crítico. Existe un retraso na renovación da frota, que acumula xa 10 anos, e esta alcaldesa do BNG é dobremente culpable e cómplice disto, xa que puxo ao fronte desta área aos mesmos que nos meteron neste lío”.

“Pídennos que non utilicemos o vehículo, pero non hai taxis, non hai autobuses e non hai aparcamento e o caos e o ruído do tráfico na cidade vai cada día a máis”, subliñou o edil popular.

Borja Verea indicou que das grandes preocupacións dos cidadáns, como é a vivenda, tampouco hai ningunha resposta, “non paran de repetir que van crear unha empresa de vivenda, pero non sabemos nin cando, nin que vai facer esta empresa unha vez que estea creada”.

No eido da cultura, explicou, “non se coñece ningunha medida de impulso cultural, están desmantelando o rico tecido cultural compostelán”, o mellor exemplo disto é a perda do festival WOS, unha das citas máis internacionais e vangardistas de posicionamento mundial que se viña realizando todos os setembros e que, por primeira vez, neste 2024 no se vai a celebrar.

“Que podemos esperar dunha alcaldesa do BNG que non mima, nen coida e non protexe un produto cultural como o festival WOS?, engadiu. “Outro exemplo de desmantelamento cultural tivémolo nas peores festas da Ascensión e do Apóstolo da historia desta cidade, sen ambición, sen personalidade e só pensadas para uns poucos”, remarcou

A realidade é que, “a día de hoxe, despois de ano e medio, hai cero resultados, o único que si anunciaron, 20 veces no último ano, foi o acordo para o aparcamento do Clínico, que é un éxito do Partido Popular de Santiago”, asegurou.

“Nós puxemos sobre a mesa esa infraestrutura, cando a ninguén se lle pasara pola cabeza, nós a defendimos, a pesar dos chascarrillos e as risas cando a presentamos, e hoxe xa é aceptada, valorada, asinada e publicitada por todo o mundo, incluso, polo BNG despois de rexeitala”, agregou.

Finalmente, remarcou o popular “fronte a un goberno ineficaz, un goberno do BNG vago e sectario, ao que lle queda moi grande unha cidade como Santiago, nós imos a seguir traballando con lealdade coa xente e poñendo por diante os intereses da cidade, por riba  dos nosos propios”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%