AD

Actualidad

Borja Verea: “O BNG quere levar O Son do Camiño a Ferrol ou A Coruña?”

today17 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, denunciou no Parlamento de Galicia que o BNG compostelán “está a cuestionar e a atacar publicamente a celebración do Son do Camiño ata o punto de dar a entender que non o queren en Santiago”.

Verea criticou que os nacionalistas atacasen o festival nunha intervención no Parlamento diante do director xeral de Turismo, algo que cualificou de “irresponsabilidade absoluta”. “Se non queren O Son do Camiño en Santiago, que o digan claramente. Que expliquen se o que pretenden é que marche para Ferrol, A Coruña, ou para calquera outra cidade galega”.

“O Son do Camiño sitúanos no mapa internacional como unha cidade aberta, moderna e dinámica. É un evento que proxecta Santiago ao mundo e que nos posiciona como capital cultural e musical. O modelo do BNG é xusto o contrario: pecharse, poñer límites e dicir non a todo”, afirmou.


O líder popular lembrou que, ademais da súa dimensión cultural e internacional, o festival ten un impacto directo na economía local. “Nun momento no que coñecemos datos preocupantes, cunha caída do 12% na facturación hoteleira no primeiro trimestre e reservas un 7% por debaixo do ano pasado no segundo trimestre, os propios profesionais recoñecen que os días do Son do Camiño son os que están a salvar parcialmente a tempada”.

Para Verea, “é unha contradición evidente atacar o que funciona mentres os datos empeoran”. Recordou tamén que Santiago pasou en dous anos do top 10 de cidades receptoras de congresos ao posto 35, “froito dun modelo turístico errático e ideoloxizado”.

“O BNG ten que decidir se está do lado da cidade, da súa proxección internacional e do emprego, ou se prefire seguir instalado no non permanente. Santiago non pode permitirse un goberno que cuestiona incluso os eventos que a sitúan no mundo”, concluíu.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *