Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 octubre, 2025
• O líder popular amosouse sorprendido polas últimas declaracións de Goretti Sanmartín, nas que aseguraba que “moita policía crea alarma entre a veciñanza”, cando “nós levamos tempo insistindo en que hai que incrementar a presencia policial e vixilancia na cidade”.
• Verea mantivo unha reunión no Parlamento de Galicia con representantes das asociacións de veciños Raigame e Fonseca, e Fegacústica, para abordar a problemática que está a xerar en Santiago esta situación.
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, insistiu hoxe en que o seu goberno ”porá en marcha as medidas necesarias para que Santiago conte con máis presenza policial nas súas rúas e evitar, así, o aumento da inseguridade”. “Levamos máis de dous anos advertindo do incremento de problemas que perturban a normal convivencia na cidade, pero o goberno do BNG e CA sempre dá a mesma resposta, dicindo que non é certo que existan estes problemas e acusándonos de alarmistas”.
O líder popular amosouse sorprendido polas últimas declaracións de Goretti Sanmartín, nas que aseguraba que “moita policía crea alarma entre a veciñanza”, cando “nós levamos tempo insistindo en que hai que incrementar a presencia policial e vixilancia na cidade, ademais de aumentar efectivos e mellorar e instalar cámaras de vídeo vixilancia que graven, como fan outras cidades, e de modernizar e mellorar a iluminación”, agregou.
Borja Verea mantivo unha reunión no Parlamento de Galicia, para abordar, entre outras, a problemática que está a xerar en Santiago esta situación, e onde analizaron tamén o aumento do ruído nas rúas compostelás, sobre todo, pola noite. Entre os asistentes atopábanse Roberto Almuiña, da AVV Fonseca; Patricia Quintás, de Raigame; e un representante de Fegacústica; e polo Grupo Parlamentario Popular, acompañando a Verea, estaban as tamén deputadas Katherinie Varela e Felisa Rodríguez.
Subliñou ademais que, “tal como nos trasladan, cada vez son máis as situacións complicadas que alteran a convivencia e xeran alarma entre veciñas e veciños”, xa que se producen altercados na vía pública; increpacións a veciños; acampadas na rúa de persoas sen fogar, que pernoctan baixo os soportais; narcopisos e “menudeo” de estupefacientes, unha cuestión que lles preocupa especialmente e que, segundo aseguran, tamén se produce a plena luz do día.
Persoas vulnerables na rúa
Por outra banda, Verea tamén se referiu á situación que se está a vivir na praza de Cervantes, “é extrema e intolerable, pero as veciñas e veciños, comerciantes e visitantes de Santiago lévana padecendo sen remedio desde hai tempo”.
O tamén deputado autonómico engadiu que “o senfogarismo é unha realidade que en vez de ir a menos vai a máis, pero o goberno de BNG e CA segue sen tomalo en serio, evidenciando tamén que os servizos e recursos municipais son claramente insuficientes”.
O popular advertiu que ”isto está a xerar unha tensión que afecta á convivencia; produce sensación de inseguridade; malestar entre os comerciantes; e inquedanza e preocupación entre a veciñanza, polo que esiximos unha intervención municipal urxente e inmediata”.
“Hai casos de senfogarismo repartidos por toda a cidade: os soportais de Correos, as dársenas de Xoán XXIII e a Salle, Galeras, o Parque do Restollal, aos que hai que sumar o caso da Praza de Cervantes que conleva unha especial alarma social, incluíndo risco sociosanitario”, insistiu Verea.
“Se dous rapaces en Cervantes están orinando e bebendo alcohol, rapidamente son multados e desaloxados, como unha persoa pode estar 24 horas facendo de todo, ameazando aos comerciantes, sen que pase nada? Cantas infraccións e delitos cometeu esta persoa?”, concluíu o líder popular.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)