AD

Actualidad

Borja Verea: “O meu primero decreto, en xuño de 2027, será o derrubo inmediato da Casa da Xuventude”

today5 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

O líder do PP en Santiago, Borja Verea, reafirmou hoxe o seu compromiso co derrubo da Casa da Xuventude e asegurou que “sábeo toda a cidade, o meu primeiro decreto, en xuño de 2027 será o derrubo inmediato da Casa da Xuventude”.

O líder popular explicou que coa desaparición da Casa da Xuventude “crearemos un novo espazo comunitario, verde e dinámico, un punto de encontro social e exemplo dunha cidade moderna e alegre”, apostando por un modelo urbano que priorice a calidade de vida, a convivencia e a integración dos espazos públicos.

“A demolición deste inmoble é un compromiso sen matices que suporá dinamizar a Praza do Matadoiro, permitindo a conexión do parque de Belvís co Casco Histórico, a través dunha ambiciosa rehabilitación de toda a contorna”, lembrou.

Neste sentido, Verea incidiu en que a desaparición da Casa da Xuventude representa “unha oportunidade para pór en valor os restos patrimoniais da praza e para actualizar o concepto de espazos pechados ás necesidades do século XXI”. “O noso proxecto de cidade pasa por unha Compostela máis amable, máis familiar e máis humana, e as necesidades da xente non son as mesmas hoxe que hai trinta ou cincuenta anos”, sinalou.

Para Verea a Casa da Xuventude representa hoxe en día “o abandono, a improvisación e as mentiras do goberno de BNG, PSOE e CA en Santiago”. “A situación actual deste edificio é tamén o reflexo da falta de rumbo da actual alcaldesa”, sinalou.

O tamén deputado autonómico quixo deixar claro que “nós non imos participar do circo de BNG, PSOE e CA; eles teñen a obriga de poñerse de acordo porque despois de 3 anos vólvese demostrar que non tiñan proxecto común para Santiago”. “Por que decidiron gobernar xuntos, porque son de esquerdas?”, preguntouse. E é que está claro -continuou-, despois de 3 anos, que só tiñan, e teñen, unha cousa en común: que Borja Verea non sexa alcalde”.

O líder popular destacou que Santiago “merece un goberno que diga a verdade, que tome decisións e que execute solucións reais”, e insistiu en que o derrubo da Casa da Xuventude será un dos primeiros pasos: “recuperar ese espazo e poñelo ao servizo dos composteláns, non podemos permitir que Santiago siga atrapado na parálise, nas contradicións e nos anuncios baleiros. En 2027 abrirase unha nova etapa, e ese cambio comezará con decisións firmes e claras”, concluíu.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *