AD

Actualidad

Borja Verea pide explicacións sobre o novo reparto de mercadorías no Casco Histórico

today10 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Para o líder popular “resulta inconcibible que non saibamos para que sirve esa nave que están construíndo, so para almacenar?; e como vai funcionar o novo sistema de reparto, vaise licitar un monopolio de reparto e polo tanto todos os provedores van a deixar alí os seus produtos e despois unha única empresa vai facer o reparto por toda a cidade?”.
  • Cualificou ademais de “moi grave” esta maneira de proceder dos nacionalistas, que “teñen o malo costume de empezar a casa polo tellado, sen planificación, sen proxectos sólidos, e centrándose unicamente nas políticas de anuncios baleiros de contido”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, pediu explicacións sobre o reparto de mercadorías no Casco Histórico.

Para Verea a clave é coñecer en que vai consistir esa nova infraestrutura de varios millóns de euros que xa está en execución e da que nada se sabe. “Hai moitas preguntas sen responder por parte do BNG”, sinalou, “como se vai a facer, vai haber un distribuidor único que vai saír desde esa nova infraestrutura, vanse a seguir mantendo todas as empresas provedoras, vai haber un reparto por zonas, por áreas, vanse poder usar os mesmos vehículos ou unicamente uns vehículos habilitados que sairán desa gran nave; ou unha pregunta sinxela: para que vai servir esa nova nave de reparto de mercadorías que se vai a construír, cal vai a ser a súa función”. Nese senso engadiu, que “todos nos tememos que están levantando un edificio sen saber a que o van dedicar” e lamentou que ninguén estea a responder estas preguntas, o que supón que ou o BNG sigue na súa liña de escurantismo ou o que é peor, que a incapacidade é tal que non saben nin o que teñen entre mans”.

O único que sabemos a día de hoxe, continuou, “é que xa se están gastando cartos públicos na construción deste novo edificio, e aínda que os nacionalistas nos teñen acostumados a perder fondos europeos, sería más grave que estean gastando eses fondos públicos, fondos europeos, nunha infraestrutura que ao final non sirva para nada”.

Verea cualificou de “moi grave” esta maneira de proceder dos nacionalistas, que “teñen o malo costume de empezar a casa polo tellado, sen planificación, sen proxectos sólidos, e centrándose unicamente nas políticas de anuncios baleiros de contido”.

Con respecto ás ultimas novas sobre a figura do “sereno”, destacou que “todos estes axustes que sirvan para facilitarlle a vida aos autónomos, empresas e negocios familiares que hai no Casco Histórico, serán benvidas; pero non podemos desviar a atención do verdadeiramente importante, que é a función e o modelo de reparto da plataforma loxística”. A estas alturas, criticou o líder popular, “resulta inconcibible que non saibamos para que sirve esa nave que están construíndo, só para almacenar?; e como vai funcionar o novo sistema de reparto, vaise licitar un monopolio de distribución e polo tanto todos os provedores van a deixar alí os seus produtos e despois unha única empresa vai facer o reparto por toda a cidade?”. “Cuestións, todas elas, -argumentou Verea- que se fai o cidadán de a pé, pero tamén os negocios, cos que, segundo nos comentan, ninguén se puxo en contacto”.

Por todo o comentado, o tamén deputado autonómico pediu ao BNG que se poña a “traballar dunha vez e abandone o estado de desleixo ao que ten sumida á cidade; os nacionalistas evidencian, unha vez máis, a súa incapacidade para gobernar Santiago nunha cuestión tan importante, onde están en xogo cartos públicos e o futuro a curto medio prazo do modelo de casco histórico que imos ter”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%