AD

Actualidad

Borja Verea pon en valor a unidade na súa II Romería Popular baixo o lema “Unidos por Santiago”

today23 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

“A unidade é esa gran arma secreta do Partido Popular, pero a unidade non é un don innato, a unidade non é sinxela, a unidade hai que coidala, a unidade hai que traballala día a día. E sabémolo porque temos esa experiencia de que desde a unidade somos invencibles”, sinalou Verea.

• Rueda destacou que “Borja e o seu equipo de concelleiros e todo o partido estea ás duras e ás maduras e polo tanto eu o que pido e que sigan así, dando exemplo de estabilidade, de sentidiño, de firmeza, e dando exemplo de que falta cada vez menos tempo para que haxa un alcalde como Dios manda en Santiago de Compostela”.

• Prado salientou a importancia de que Verea “estea tamén a incorporar a xente nova da sociedade civil, porque creo que esa é a fórmula para gañar as eleccións”

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, puxo en valor a unidade do seu partido durante a II Romería Popular organizada no barrio do Castiñeiriño baixo o lema “Unidos por Santiago”, onde se congregaron 200 amigos e colaboradores do PP Compostelán e se homenaxeou ao histórico direxente local David Pillado.

“A unidade é esa gran arma secreta do Partido Popular, pero a unidade non é un don innato, a unidade non é sinxela, a unidade hai que coidala, a unidade hai que traballala día a día. E sabémolo porque temos esa experiencia de que desde a unidade somos invencibles. Esta comida é o mellor exemplo de unidade”, sinalou.

Pola contra, engadiu, “o maior inimigo da política é o orgullo e a arrogancia. A soberbia en política é letal. Por qué? Porque cando as cousas van ben podes pensar que eres invencible, e aí xa empezas a perder. Por iso a mellor medicina é o respecto, a humildade e a unidade”.

Hoxe, continuou, “é día de celebrar e sobre todo de agradecer, e agradecer é o maior acto de humildade, por qué? Porque é recoñecer que un só non chega a ningún sitio, e iso é o que celebramos hoxe”.

O líder popular quixo lembrar tamén que, nos próximos dous anos, “temos por diante un reto fantástico”. O Partido Popular sempre necesita maioría absoluta, pero “é a primeira vez que nos enfrontamos a 3 adversarios á vez, que teñen un pacto, unha alianza , que vai camiño de 12 anos. Un pacto contra nós, pero que hoxe está á vista de toda a cidade que é un pacto contra Santiago”. Neste senso lembrou que “gañamos por goleada ao BNG, gañamos por goleada ao PSOE e gañamos por goleada a CA”; pero deixou claro que o seu obxectivo é gobernar, “eu quero ser alcalde de Santiago, e para iso non nos serve só con gañarlles por goleada a cada un deles, a meta é gañarlles por goleada aos 3 xuntos, nunha vitoria que ten que ser histórica e incontestable”.

Verea amosou a súa preocupación polo momento crítico no que está sumido Santiago, porque “están poñendo en dúbida a nosa propia esencia”, en relación aos datos publicados estes días que dicían só un 5% dos santiagueses apreciaba e quería a Catedral e que a Catedral era cada vez menos querida. Así, pediu “que se acabe xa con eses relatos autodestrutivos”, “nós dicimos si á maioría de composteláns que están orgullosos da Praza do Obradoiro e da nosa Catedral. Que a queren, que a sinten, que saben que forma parte de nós. Nós dicimos si á maioría de composteláns que soñan cun Santiago universal, aberto e moderno”,

Ademais recoñeceu que están ante un reto maiúsculo e “a nosa forza é a unidade”; e fixo fincapé en que hai que abrirlle as portas aos que cren no futuro imparable desta cidade; abrirlle as portas aos que queren remar, cóbado con cóbado, “porque a viaxe vai ser dura, pero imos gañar, imos vencer e por fin, imos a poñer a Santiago en marcha. Xuntos levaremos a Compostela a onde se merece”, concluíu.

HOMENAXE A DAVID PILLADO
Durante a súa intervención quixo agradecer tamén o seu labor “a todos os que nos precederon e construíron o que somos hoxe; recoñecer que somos a suma de todos, pero sobre todo a suma dos que nos precederon: dos que traballaron antes, dos que soñaron antes, dos que se esforzaron antes, dos que perderon e dos que gañaron antes; e a familia do Partido Popular de Santiago quere hoxe personalízalo na persoa de David Pillado”.

Verea só tivo palabras de agracedemento e agarimo para o que foi secretario xeral do PP compostelán desde 1986 ata 2006, sendo presidenta María Jesús Sainz. “David, este é a homenaxe que mereces, e aquí hai 200 persoas que viñeron a demostrarche o seu cariño, todas están aquí por ti, polo moito que axudaches a tanta xente, polo que significas para tanta xente. Hoxe tes o recoñecemento da túa familia do Partido Popular e da mellor maneira posible: coa túa xente e amigos, coa túa familia, e das mans do presidente Alfonso Rueda”.

Destacou ademais a súa traxectoria política, sendo o fundador de Alianza Popular en Barakaldo nuns anos moi complicados polo terrorismo, cuxas ameazas o fixeron volver da man de Manuel Fraga e asentarse en Santiago. Dos seus 20 anos como secretario xeral, “son infinitas as anécdotas, disputas, alegrías e enfados. Eu creo que tiven sorte e David xa me vía máis coma un neto que coma un fillo, e xa sabedes que aos fillos rífaselles máis que aos netos”.

O presidente e a secretaria xeral do PPdeG, Alfonso Rueda e Paula Prado, e o presidente de honra do PPdeG, José Manuel Romay Becaría, participaron na homenaxe a Pillado, facéndolle entrega xunto ao presidente do PP de Santiago, Borja Verea, dunha placa na que se recoñece o seu labor durante todos estes anos.

Pola súa parte, o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, quixo agradecer a Pillado todo o que el representa, “ter estado en política absolutamente a cambio de nada; dixo un día que lle faltaba levar a cama á sede, porque el estaba ás duras e ás maduras, cando era de heroes dar a cara polo PP”. “Lémbroo discutindo, porque eu discutía con el, e como o coñecín mantendo as súas posicións, esa é a razón principal pola que hoxe quería estar aquí recoñecendo o seu labor”.

Rueda fixo referencia á situación política que se está a vivir en Santiago, onde o PP de Borja Verea gañou as eleccións, e non poden gobernar porque “todos os que están agora pelexando fixeron o posible, algúns dando o espectáculo e outros pelexando internamente”. “Iso non impediu que Borja e o seu equipo de concelleiros e todo o partido estea ás duras e ás maduras -continuou- e polo tanto eu o que pido e que sigan así, dando exemplo de estabilidade, de sentidiño, de firmeza, e dando exemplo de que falta cada vez menos tempo para que haxa un alcalde como Dios manda en Santiago de Compostela”, sinalou.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lembrou o esforzo e traballo de David Pillado, que lle quitou horas á súa familia para dedicarllas ao partido e agradeceu tamén a Borja Verea o seu labor. Prado pediu a toda a familia popular de Santiago todo o traballo necesario para “conseguir facelo alcalde nas vindeiras eleccións municipais”.

Así mesmo, a secretaria xeral destacou “a importancia de que Verea estea tamén a incorporar a xente nova da sociedade civil, porque -engadiu- creo que esa é a fórmula para gañar as eleccións”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *