Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 junio, 2025
• O líder popular recoñeceu estar “contento” porque os veciños “se organicen e fagan propostas que coinciden con noso modelo de futuro de cidade”.
• “Queremos que todos os veciños do Ensanche poidan desfrutar dos servizos que non teñen: unha residencia de maiores; un centro de día; parques infantís e zonas deportivas; ximnasio público; unha piscina climatizada e sala multiusos, ademais de espazos abertos e praza pública”, destacou Verea.
O líder do Partido Popular, Borja Verea, valora positivamente que os veciños da zona de Peleteiro veñan de apoiar unha proposta coincidente coa que o Partido Popular leva anos defendendo, “sempre apostamos porque a parcela fose adquirida polo Concello para uso público e crear así un novo corazón para o Ensanche”. Así recoñeceu estar “contento” porque os veciños “se organicen e fagan propostas que coinciden con noso modelo de futuro de cidade”.
«Hai que recuperar a titularidade pública deste espazo, fomos os primeiros en dicilo e agora son máis as forzas sociais e veciñais que se unen a esta idea. Non queremos bloques de edificios, queremos que sexa de propiedade municipal e, unha vez que teñamos a parcela, xeraremos equipamentos comunitarios», afirmou Verea.
E é que o líder popular defendeu xa no seu programa electoral das últimas eleccións municipais a adquisición da parcela como investimento estratéxico para a cidade, “sempre dixemos que ía ser a última oportunidade que tiña o Ensanche para transformarse de cara ao século XXI.
Verea tamén lembrou que «mentres outros partidos seguen apostando polo ladrillo, o pelotazo e as políticas de hai 20 anos, nós propuxemos unha alternativa clara, firme e solvente para todo ese gran espazo estea a disposición de todos os veciños, e poidan así desfrutar de servizos que actualmente non existen, “queremos que todos os veciños do Ensanche poidan desfrutar dos servizos que non teñen: unha residencia de maiores; un centro de día; parques infantís e zonas deportivas; ximnasio público; unha piscina climatizada e sala multiusos, ademais de espazos abertos e praza pública”, concluíu Verea.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)