AD

Actualidad

Borja Verea sobre o caso Desproi: “Facemos o correcto que é defender aos santiagueses”

today21 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O líder popular amosouse “moi respetuoso coa presunción de inoncencia”, pero salientou que ante “fortes indicios tiña que investigarse que é o que se está facendo; a min persoalmente gustaríame que non houbese ningunha responsabilidade penal”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, afirmou onte en relación ás novas sobre o caso Desproi, que “facemos o correcto que é defender aos santiagueses”.

Verea lembrou o criticada que foi a súa decisión pero “a mellor proba de que fixemos o que había que facer é que o actual goberno do BNG está personado como acusación”, e lamentou que fagan agora o que non quixeron facer desde a oposición, o que lexitima que “nós facemos as cousas pensando no interese público, non en tacticismos partidistas”. Neste senso destacou que “por certo, o BNG está denunciando aos mesmos que a fixeron e manteñen como alcaldesa”.

O líder popular amosouse “moi respetuoso coa presunción de inoncencia”, pero salientou que ante “fortes indicios tiña que investigarse que é o que se está facendo; a min persoalmente gustaríame que non houbese ningunha responsabilidade penal”.

Verea fixo fincapé na complexidade deste caso, no que hoxe estiveron presentes as tres acusacións: o ministerio fiscal, o goberno do BNG e o Partido Popular; e afirmou que ante “unha causa deste nivel o que queda é escoitar a todas as partes para que despois se dictamine se hai que depurar responsabilidades ou non, pero agora mesmo non é o momento de entrar aí”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%