AD

Actualidad

Bouza sobre o 9X: “O PSOE aguantou, resistiu e venceu”

today10 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Amósase satisfeito por ter subido sete puntos respecto as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, “as últimas que se celebraron nun contexto similar a este”

“O Partido Socialista aguantou, resistiu e venceu a todos eses agoreiros da dereita e ultradereita”

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024. Valoración positiva dos resultados obtidos polo PSdeG en Santiago nas eleccións ao Parlamento Europeo de este domingo. O seu secretario xeral, Aitor Bouza, asegura que este resultado coloca ao PSOE como a “referencia da esquerda e dos partidos progresistas” en Santiago, sendo a segunda candidatura con máis apoios.

Así, lembra que respecto as eleccións do 2014, o PSOE “recupera e sube” sete puntos compara vamente. Precisamente, bota man de estes resultados por ser as últimas eleccións europeas “que se celebraron nun contexto similar” ás de esta fin de semana, toda vez que as de 2019 coincidiron coas eleccións locais.

En todo caso, Bouza recoñece que “temos moito que traballar” pero asegura que o resultado de este domingo “insufla moitísimas ganas de seguir nesta liña de traballo constante”, fixándose como obxectivo “que volvamos ser o partido de referencia na nosa cidade en todas as eleccións nas que nos presentemos”.

“O PSOE aguantou, resistiu e venceu”

En clave nacional, o secretario xeral dos socialistas en San ago referiuse ao resultado do Partido Popular como un “fracaso no que respecta ás súas expectativas. Asegura que, pese aos intentos de Núñez Feijóo “abalado polo señor Rueda en Galicia” de presentar estas eleccións como “un plebiscito ao goberno de España e Pedro Sánchez”, as súas expecta vas “non foron colmadas”: “o Partido Socialista aguantou, resis u e venceu a todos eses agoreiros da dereita e ultradereita”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%