AD

Sucesos

Buscan un condutor fuxido tras o atropelo dun peón en Ordes

today25 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Un sinistro de circulación implicou o atropelo dun peón nas inmediacións da intersección da rúa Canteira e rúa Mercado, no casco urbano de Ordes, aproximadamente ás 10:50 h do pasado 20 de abril.

O vehículo implicado, un Audi A3 de cor escura, abandonou a escena sen prestar axuda ou facilitar datos.

As autoridades iniciaron unha investigación co obxectivo de determinar os feitos e localizar o vehículo en cuestión. Solicítase a colaboración cidadá para proporcionar calquera información relevante que poida axudar a esclarecer este caso.

En caso de contar con información sobre o accidente, ponse á disposición o número de contacto da Policía Local de Ordes: 676975533.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%