Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 diciembre, 2023
Servizos de emerxencia mobilizaronse este xoves a petición do 112 Galicia e da Garda Civil para prestar servizo de busca e rescate dunha persoa duns 80 anos desaparecido nas inmediacions do río Ulla ó seu paso por Pontevea.
A busca centrouse nas marxes do río á primeira hora da mañá xunto cos mergulladores do GEAS da Garda Civil. Á tarde a busca centrouse nos lugares de difícil acceso utilizando medios aéreos por parte da garda civil cun helicóptero e o dron da Policía Local.
Ó peche desta xornada os resultados da busca foron infructuosos. Está previsto que mañá se retome sobre ás 9 da mañá, cando as condicións de visibilidade o permitan.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)