AD

Actualidad

O Café Casino contará cunha escultura de Valle-Inclán creada polo alumnado de Mestre Mateo

today7 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O Café Casino de Santiago acollerá o vindeiro martes 14 de abril ás 12:00 horas o acto de inauguración dunha escultura adicada a Ramón María del Valle-Inclán. A peza foi realizada por alumnado das especialidades de escultura e modelado da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo da cidade, e quedará colocada de xeito permanente no histórico café compostelán.

Durante a inauguración darase a coñecer o proceso creativo da obra, un busto do escritor galego, desenvolvido no ámbito docente deste centro, poñendo en valor o traballo transversal do alumnado implicado, que investigou sobre a anatomía do rostro e explorou diferentes técnicas de esmaltado e policromía ata rematar a peza, coa supervisión do profesorado.

Ramón del Valle-Inclán foi un visitante asiduo do Casino de Santiago, lugar de encontro, conversa e inspiración na súa vida compostelá. Por iso, esta escultura rende homenaxe á súa vinculación coa institución e á pegada literaria e cultural que deixou para sempre na cidade de Santiago.

Ao acto, que será conducido polo xestor cultural e investigador, Fernando Franjo, está prevista a asistencia do director do centro, Juan Adrio; os profesores Óscar Aldonza e Miguel Ángel Vigo, e autoridades locais e académicas da cidade, así como o guía e actor Suso Martínez, un dos protagonistas das visitas teatralizadas que se desenvolven no Café Casino baixo o título Café Comentado.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *