Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 junio, 2024
Onte domingo 23 de xuño, a parroquia de Calo no Concello de Teo, preto de Santiago, daba comezo ás súas esperadas festas de San Xoán, marcando o inicio de catro días de intensas celebracións. Coincidindo coa tradicional ‘noite meiga’, milleiros de cacharelas arderon en Galicia, e Calo non foi a excepción. Unha fogueira que estivo acompañada por unha gran sardiñada e a popular ‘queima da cabra vella’. Dúas das orquestras máis importantes de Galicia, Olympus e París de Noia, encabezan as actuacións musicais dos próximos días.
As festividades comezaron onte cunha sesión vermú animada pola disco móbil Troula, «que se alargou ata as seis da tarde». Á noite destacaron a sardiñada e a ‘queima da cabra vella’, culminando coa tradicional fogueira de San Xoán. A animación musical nocturna estivo a cargo das discos móbiles Troula e Impacto. Hoxe luns 24, o Grupo Bomba de Fuerteventura e o Grupo Tania Veiras entreterán aos asistentes. Mañá martes 25 será un dos días máis esperados coa actuación da formación Unión e Forza e a orquestra Olympus. Finalmente, o mércores 26, a Mega CDC e a orquestra París de Noia pecharán as celebracións de San Xoán 2024 en Calo.
Borja Otero, presidente da Asociación Veciñal San Xoán de Calo, destacou nunha entrevista en Radio Líder Santiago o arduo traballo realizado pola comisión, integrada por 12 persoas e apoiada por uns 60 colaboradores, para organizar estas festas. Otero agradeceu a colaboración da alcaldesa e a importante e necesaria contribución dos veciños, que foron fundamentais para a realización deste evento. «Traballamos todo o ano para sacar adiante as festas», comentou Otero, ao tempo que anunciou que «xa temos pechadas as actuacións das orquestras do ano que ben», subliñando o esforzo colectivo e a dedicación para manter vivas as tradicións e ofrecer á comunidade unha celebración inesquecible.
Tes a entrevista completa no seguinte enlace.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)