AD

Actualidad

O Camiño da Ría de Muros-Noia loita polo título de Xacobeo

today30 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

30 de setembro de 2025.- O presidente da Asociación Rural de Desenvolvemento (ARD) Ría da Estrela e da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Luís Oujo, viaxou onte luns a Madrid para participar na presentación da nova campaña de promoción turística que a Xunta de Galicia lanzará este outono. Unha iniciativa que pon a calidade como sinal de identidade e carta de presentación de Galicia no mundo “¿Y si Calidade fuese un lugar?”.

Luís Oujo amosou a súa satisfacción pola iniciativa xa que “coincide plenamente coa folla de ruta que levamos seguindo na Ría da Estrela nos últimos anos: medrar pero cun turismo de calidade e ofrecendo tamén calidade. Temos un dos xeodestinos máis atractivos de Galicia e temos que aproveitar esta potencialidade, ademais de seguir traballando tamén no recoñecemento do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia”. O presidente da Ría da Estrela apuntou que “non somos un destino de luxo e nunca o seremos. Nós traballamos para ser un destino de calidade, desa calidade dos grandes produtos e pequenos detalles. Unha calidade que, unida á tradición e ao saber facer, converta a nosa ría nun lugar diferente que a xente deba vir coñecer”.

Neste sentido, Oujo aproveitou o acto celebrado en Madrid para manter un breve encontro co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xa que “o Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia merece o recoñecemento oficial da Xunta pois documentalmente conta cunha base histórica maior incluso ca doutras rutas recoñecidas e economicamente suporía un impacto moi beneficiosa para toda a comarca en xeral, e para o sector turístico en particular”.

Así, a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia seguirá traballando a prol da oficialidade desta ruta xacobea, que xa conta co recoñecemento do Arcebispado de Santiago e que forma parte da Asociación Internacional Vía Querinissima, integrada por organismos públicos e privados de Italia, Noruega, Suecia, Grecia e España.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *