Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A principios do mes de abril o Concello de Vedra distribuía a cada domicilio unha guía de xestión dos biorresiduos.
Esta, baixo o título “En Vedra Residuos KM Cero”, explicaba á veciñanza da importancia desta práctica así como da aposta municipal pola mesma, facilitando un composteiro a cada vivenda que así o solicite.
Esta aposta non é ningunha novidade, pois en anos anteriores xa se levan repartidos máis de trescentas unidades. Pero sí é un aumento considerable, pois agora serán máis de 1000 os que se repartan nos domicilios vedreses nos vindeiros 2 anos, para as vivendas que dispoñan de espazo e terreo para acollerse a este programa de compostaxe doméstica.
O pasado venres celebrouse a última entrega (ata o momento) no que máis de 50 persoas foron convocadas no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Vedra para recibir unha práctica e útil charla sobre o uso do seu composteiro e sobre esta práctica en xeral. Tras a mesma cada unha das persoas asistentes, tras asinar un compromiso de bo uso, levaron o seu propio composteiro.
Este acto de entrega por suposto non será o último e a veciñanza pode continuar chamando ao 981814612 ou no correo electrónico residuoskmcero@concellodevedra.gal para solicitalo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)