Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 enero, 2026
Ás eleccións do 12 de febreiro preséntanse as catedráticas de Estatística e Investigación Operativa, Rosa Crujeiras; de Óptica, Maite Flores; de Filoloxía Inglesa, María José López Couso; e de Dereito Administrativo, Alba Nogueira. As catro comezaron hoxe os seus actos de campaña en distintos lugares e campus da Universidade.
Martes, 27 de xaneiro de 2026.- Dende este martes 27 e ata o vindeiro 10 de febreiro, a Universidade de Santiago de Compostela desenvolve a campaña electoral previa ao día da votación na que a comunidade universitaria elixirá, por primeira vez na historia da institución, unha muller como reitora.
Ás eleccións do 12 de febreiro preséntanse as catedráticas de Estatística e Investigación Operativa, Rosa Crujeiras; de Óptica, Maite Flores; de Filoloxía Inglesa, María José López Couso; e de Dereito Administrativo, Alba Nogueira. As catro comezaron hoxe os seus actos de campaña en distintos lugares e campus da Universidade.
Na convocatoria electoral detállase o calendario do proceso electoral, no que ademais se elixirán os representantes no claustro universitario e nas xuntas de centro e nos consellos de departamento.
Nas eleccións a reitor ou reitora, no caso de ser precisa unha segunda volta, a campaña prolongaríase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo. Nese caso, o día 12 de marzo terá lugar a proclamación provisional da reitora e a definitiva o 23 de marzo. Pode obterse máis información sobre os tres procesos no web de ‘Participación e procesos electorais’.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)