Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2026.- Carola, Fuego Lolita e Alta Mar son as tres bandas elixidas polo xurado como finalistas da X edición do concurso Novos Valores. O público decidirá por votación popular nun concerto, que terá lugar o 24 de abril na Sala Sónar de Santiago de Compostela, a banda ou artista que abrirá os concertos no Festigal 2026.
Dende o xurado do concurso destacaron a alta calidade musical dos traballos e a variedade de estilos dos 17 grupos que se presentaron nesta edición, unha evidencia do gran momento que vive a música galega e en galego.
Carola

Carola é un proxecto de rap en galego con alma rural autoxestionado. Con rimas de carácter intimista que acompañan a afondar no traballo interior, na identidade, no sentimento de pertenza e a reconexión coas raíces, segundo definen as súas integrantes, MC Carola e Dj Lakenobaila. Dende o xurado salientaron o seu “rap de moita calidade e con boas letras”.
Fuego Lolita

Fuego Lolita é un grupo picheleiro nacido a finais do ano 2024 de xénero pop-punk e sonido rockero. Os seus temas teñen un estilo irreverente e letras coñeras que pretenden poñer ao público a bailar, berrar e súar na pista. Formada por Daniel Balsa, Antonio Bouxo, Adrián Caride, Lara López Suárez e José Manuel Sánchez, o xuri puxo en valor a súa “música fresca feita por xente moza que canta os problemas e a situación da mocidade”.
Alta Mar

Alta Mar é unha banda de post hardcore melódico da Coruña nacida a inicios de 2025. Formada por Miguel ‘Ken’ Da Silva (baixo), Camilo Piñón (guitarras), Víctor Tarela (voz) e Iván Couto (batería), o xurado dos Novos Valores destacou a súa proposta musical moi potente e con moi bo son.
Escrito por Líder Redacción
alta mar carola concurso festigal 2026 fuego lolita novos valores sala sonar Santiago de Compostela



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)