O Concello denega a licenza á Sareb para contruír no antigo Peleteiro
A Xunta de Goberno local acordou esta mañá a denegación de licenza de obra nova para a construción de dúas edificacións no antigo colexio Peleteiro presentada por Arqura Homes, Fondo de Activos Bancarios, por incumprir as normas do hábitat e non incluír o proxecto de urbanización esixido polo planeamento PERI-12. O executivo municipal tamén deu luz aos expedientes de contratación das varias obras: as da reurbanización da rúa Puente la Reina por 493.294,01 euros; para a creación dunha plataforma única […]